O CPA Condado faise co trofeo de Grupos Show Grandes no Campionato Galego 

O evento celebrouse no transcurso de dúas xornadas nos pavillóns de Navia e Tui, respectivamente. 

5 de marzo de 2024

Imaxe: CPA Condado Salvaterra 

Esta fin de semana celebrouse o Campionato de Show Galego en Vigo e Tui, organizado polo Club Patinaxe Balaídos, onde acudiron multitude de equipos da comunidade galega para exhibir as súas actuacións artísticas.

O CPA Condado Salvaterra participou o pasado 3 de marzo na categoría de grupos show grandes, onde o grupo da provincia pontevedresa conquistou o ouro autonómico pola súa orixinal actuación "Tonya". Na segunda e terceira posición quedaron o C.P.A. Ribex con "Carpe Diem" e o C.P.A. Valladares con "Insurrección".

Así mesmo, o Club Patinaxe Artística Gondomar tamén destacou neste campionato galego tras lograr subirse ao podio en tres ocasións na primeira posición: no cuarteto junior, cuarteto senior e grupos show junior. Agora as patinadoras concéntranse para o Campionato de España que se celebrará a finais de marzo en Santander. 

 

Logo

©Derechos de autor. Todos los derechos reservados.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor, revise los detalles y acepte el servicio para ver las traducciones.